|
Puntuación 7.17 de 12 votos
|
O arquipélago das Ons
A illa de Ons xunto á súa veciña Onzeta ou Onza e outros pequenos illotes forman o arquipélago das Ons.
O arquipélago pertence ao municipio de Bueu debido a motivos sociais, xa que os antigos colonos insulares procedían da Comarca do Morrazo.
O arquipélago está formado ademais da illa de Ons e Onza polos seguintes illotes:
- A Freitosa, o maior deles, xunto co seu illote xemelgo A Freitosa de Terra, ámbolos dous moi preto da costa ao Sur e Oeste da illa.
- O Centolo, no seu extremo norte, de destacada forma, e trátase da parte do arquipélago máis preto á terra firme.
- O Cairo,situado en fronte so antigo cemiterio da illa. é un penedo cunha forma característica de dente canino.
- A Laxe do Abade, preto do peirao. De valor histórico por posuír na súa cima un sepulcro antropomorfo medieval labrado na pedra.
- A Pedra do Fedorento, ao sur da illa.
- A Illa do Xuvenco, ao norte.
- O Cón dos Galos, e outros de menor tamaño e importancia.
Na illa de Ons existen dous castros: Castelo dos Mouros e Cova da Loba.
Praias
Na illa de Ons atopamos: praia de Pereiro, praia de Canexol (baixo o castro e cemiterio da illa), praia de Area dos Cans (ao sur do peirao, é a máis concorrida porque atópase debaixo do pequeno núcleo urbano da illa), praia de Melide (a máis grande, nudista, case virxe e cun valioso campo de dunas), praia de Fontiñas e praia de Liñeiro.
Na illa de Onza atopamos: praia de Onza Norte e praia de Onza Sur.
LIñAS DE BARCOS á ILLA DE ONS
Cruceros Illas de Ons
Teléfonos: 627 900 017 / 986 320953
Embarques: Bueu.
época: Semana Santa, fins de semana de maio e período estival.
Cruceros Rías Baixas
Teléfono: 986 731343.
Embarques: Sanxenxo e Portonovo.
época: Semana Santa, fins de semana de maio, período estival.
Naviera Illa de Ons
Teléfono: 986 320048.
Embarques: Bueu.
época: Semana Santa, fins de semana de maio, período estival.
Naviera Mar de Ons
Teléfono: 986 225272.
Embarques: Sanxenxo e Portonovo.
época: Semana Santa, fins de semana de maio, período estival.
A acampada é xestionada polo propio parque e é de caracter gratuíto. O aforo máximo é de 200 usuarios diarios, e cada un deles pódese pasar a noite un máximo de 7 días consecutivos, e de 5 nos meses de xullo e agosto.
Para poder pasar a noite na illa é imprescindible sacar a tarxeta de acampada nas taquillas das compañías navieiras. Aquí, comunícase o desexo de acampar na illa, solicítase a tarxeta e o billete de barco de pasar a noite. A nosa chegada deberemos achegarnos ao punto de información da illa de Ons onde entregaremos a tarxeta e mostraremos o billete e DNI para formalizar o permiso de acampada.
A zona de acampada atópase no lugar coñecido como Chan da Pólvora. A zona de acampada está aberta en Semana Santa e do 1 de xuño ao 30 de setembro. Conta cuns servizos mínimos de cinco baños e seis duchas de auga fría, así como fontes de auga NON POTABLE.
Sálvora
A illa de Sálvora atópase na entrada da Ría de Arousa e pertence ao concello de Riveira.
A súa costa accidentada é un gran viveiro natural de todo tipo de mariscos, especialmente de percebes.
Case todo o perímetro é zona rochosa, a excepción de tres pequenas praias de area fina e branca.
é unha illa case deshabitada, xa que nela soamente viven o fareiro e o vixiante da illa. Na illa hai tres fareiros que se reparten en tornas de dous en dous meses.
A illa de Sálvora xunto cos seus adxacentes Vionta, Noro, Sagres intégranse no Parque Nacional das Illas Atlánticas.
Como chegar
Cortegada
A Illa de Cortegada é a maior dun arquipélago que, aparte de Cortegada, conta con outros grupos de illas como as Illas Malveiras ou as Illas Briñas. Cortegada, xunto cos dous grupos de illas mencionados forman parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas, en Galicia.
Sitúase no fondo da Ría de Arousa, case no estuario do río Ulla, na parroquia do Carril (Vilagarcía de Arousa), separada da costa máis cercan por un canal de 189 metros de ancho que é un gran banco de area convertido desde fai séculos en viveiro de mariscos (especialmente berberechos e ameixas), chamado por iso A Canle dos Viveiros.
Até comezos do século XX a illa contaba cunha aldea de colonos que labraban as súas terras ao lado do pequeno embarcadoiro, na parte sur da illa, e hoxe aínda se poden ver os restos das casas entre a exuberante vexetación. Na parte occidental de Cortegada, existen as ruínas dunha rica casona construída a finais do século XIX. Tamén hai restos de multitude de cadras e algún pozo. Sen embargo, a construción máis destacada son os restos, relativamente ben conservados, da antiga igrexa monasterial do priorado de Cortegada, do que se conservan algúns restos. En fronte da igrexa hai un cruceiro de magnífico porte. Nesa igrexa celebrábanse romarías moi concorridas cada 25 de marzo e 15 de setembro. Tamén se conservan os restos dun hospital construído en 1652 e que funcionou posteriormente como lazareto.
|
|
|
VUESTROS COMENTARIOS
|
|
| Nombre : | DEBORA |
| Comentario : | TAMBIEN TEWNDRIAN QUE PONER CIES EEEEEEEEEEE |
|
|
|
|