Continuamos co periplo polas Rías Baixas partindo da localidade de Baiona.
![]() |
Partimos de Baiona pola 552 cara A Guarda. Pasaremos por Cabo Silleiro desde onde observaremos unhas fermosas vistas das Illas Cíes e do tempestuoso Atlántico. Desde alí nos dirixiremos a Mougás onde cada verán ten lugar no seu "curro" de cabalos a ancestral e tradicional "rapa das bestas". Os cabalos de Mougás proceden das ladeiras da serra de A Groba e dise que xa no século XIII os monxes de Oia practicaban a cría de cabalos en libertade. Cada ano se lle cortan as críns na "rapa das bestas".
Chegamos a Oia e facemos unha parada no Mosteiro de Santa María de Oia, declarado Monumento Histórico-Artístico de Interese Nacional en 1931. A súa ubicación sobre o mar e nunha zona elevada, por razóns defensivas, o convirten nun mosteiro singular. Pódese visitar o claustro, horta monacal e varias estancias do mosteiro. Se temos tempo podemos ir ó Hotel Talaso Atlántico para relaxarnos cos tratamentos de talasoterapia que ofrecen.
Continuamos pola 552 cara A Guarda disfrutando dunha abrupta paisaxe rochosa na que descarga a súa forza o Océano Atlántico. Á altura do núcleo de Portocelo desviarémonos para visitar os Muíños do Folón e do Picón, antes de chegar a A Guarda.En A Guarda subiremos ó Monte de Santa Trega para observar as fermosas vistas da desembocadura do Río Miño e a fronteira portuguesa. Aproveitaremos a ocasión para visitar o Castro de Santa Trega, unha das cidadelas mellor conservadas e restauradas do panorama galego, albergando no seu interior unha reconstrucción dunha casa castreña. As vivendas teñen forma circular cun patio e agrúpanse en barrios de oito casas e rúas pavimentadas con sistema de canalización. Podemos aproveitar esta visita a A Guarda para probar a langosta que tan ben preparan nesta localidade.
Continuamos pola 552 cara Tui, punto final desta ruta, pasando por O Rosal, onde poderemos visitar unha bodega da D.O. Rías Baixas. En Tui, núcleo de paso do Camiño Portugués cara Santiago de Compostela, visitaremos o casco antigo e a catedral - fortaleza da localidade. Tamén podemos aproveitar esta oportunidade para cruzar a fronteira cara Portugal e visitar Valença do Minho, a moi poucos quilómetros de Tui.
Pza. Santa María, s/n · 36071 - Pontevedra
tel.: 886 211 700 fax: 886 211 701
© Turismo Rías Baixas - 2009 | Aviso legal
Opinións de viaxeiros sobre Pontevedra
