Espíritu Rías Baixas
Inicio     
Reducir texto Aumentar texto
Atrás

Artigos

Recomendar Imprimir

MOSTEIRO DE ARMENTEIRA

26.09.2011

Sito no concello pontevedrés de Meis atópase o mosteiro de Armenteira, unha das abadías máis importantes de Galicia. Foco de numerosas lendas, o visitante que acuda a estas terras non debe perde-la oportunidade de visitar este fermoso edificio e o seu entorno

É imposible falar do mosteiro de Armenteira, sen referirse á historia do seu fundador, o nobre Ero. Tras unha vida de fama e de goces terreais, este nobre decide dedicarse á vida contemplativa. Para iso retírase ó monte Castrove onde funda o mosteiro de Armenteira, que empezará a construírse en 1168. A condición de nobre do seu fundador facilítalle notablemente a posibilidade de acadar doacións entre as clases elevadas. Será así como consiga tanto os cartos, como as terras doutros nobres.

Destaca neste mosteiro a súa arquitectura, mestura de varios estilos. No edificio únense dun xeito harmónico o estilo cisterciense, mesturado con características propias do románico galego. Por si isto fora pouco, preséntanse ademais, certos elementos da arquitectura mozárabe que o fan único en Galicia.

A beleza do mosteiro, declarado Monumento Histórico, é tan só comparable coa do seu entorno: un espacio rodeado de viñedos e frondosa vexetación autóctona. Este lugar convértese así nun territorio ideal para o descanso e o repouso, ó que se teñen asociado varias lendas. A máis salientable é a vencellada ó seu propio fundador, o Monxe Ero. A lenda cóntanos como cando o relixioso meditaba nos exteriores do mosteiro caeu profundamente durmido ó escoita-lo canto dos paxaros. Tan profundo foi o soño que non se espertaría ata pasar 300 anos. Cando regresou ó mosteiro xa ningún dos monxes o recoñecía.

Non nos perdamos a oportunidade que nos brinda a comarca do Salnés de deleitarnos tanto con este edificio como cos paisaxes que o rodean.

Deputación de Pontevedra Turismo Rías Baixas

Pza. Santa María, s/n · 36071 - Pontevedra
tel.: 886 211 700 fax: 886 211 701
© Turismo Rías Baixas - 2009  |  Aviso legal
Opinións de viaxeiros sobre Pontevedra

Calidade Turística