Turismo termal
Inicio     
Reducir texto Aumentar texto
Atrás

Artigos

DISFRUTA DAS PRAIAS DAS RÍAS BAIXAS EN PRIMAVERA

24.03.2011

A beleza das Rías Baixas impresiona a tódolos turistas que visitan as Rías Baixas en verán: o seu clima suave, as súas tranquilas e limpas augas e a súa fina e branca area son disfrutadas nas xornadas estivais. Sen embargo, cada vez máis as praias das Rías Baixas cobran importancia nas demais estacións do ano.

Moitas das nosas praias comezan a ofrecer posibilidades de ocio durante o inverno e así, é frecuente observar a persoas practicando surf, parapente, desprazándose en buggys a vela ou disfrutando con cometas durante o inverno. Estas novas ofertas responden á necesidade actual de disfrutar do ocio dun modo activo.

Probablemente o deporte máis coñecido e de máis traxectoria histórica nas Rías Baixas sexa o surf e o windsurf, dous deportes ligados ó vento.

As praias das Rías Baixas reúnen as condicións necesarias para practicar estos dous deportes. Así, algunhas praias presentan olas permanentemente e de gran calidade para a práctica do surf e do windsurf: A Lanzada, Silgar, Canelas, Foxos, Montalvo, etc.

De todas elas a máis coñecida é a praia da Lanzada, desprotexida do abrigo natural que ofrecen as Rías, co Océano Atlántico golpeando directamente sobre os seus arenais. A súa grande lonxitude e fina area a convirten, ademais, nunha das praias máis belas de toda Galicia.

Debido ó vento existente nalgunhas das nosas praias unha das aficións que cobra cada vez máis forza é o mundo dos paraventos.

O vento tamén é protagonista doutros deportes que se poden realizar nas praias das Rías Baixas durante o inverno como o voo en aeronaves, ultralixeiros ou ala-deltas e o kitesurf. O kitesurf é unha nova disciplina deportiva que comeza a extenderse nas Rías Baixas e consiste na utlización da forza das olas e do vento para poder realizar saltos acrobáticos sobre o auga.

Ademais das posibilidades deportivas que permite o vento das Rías Baixas, o mar ofrece ós turistas ilimitadas actividades. Así, podemos disfrutar da navegación, da pesca ou do submarinismo nas praias da provincia de Pontevedra. As Rías Baixas presentan un dos fondos submariños máis singulares de España, en canto a flora e fauna se refire. Nas súas augas podemos apreciar dende restos históricos e arqueolóxicos ata exemplares de algas feofíceas tan singulares como os xéneros laminaria e sacorhiza.

Unha ampla oferta que permite disfrutar do singular entorno das praias das Rías Baixas non só en verán senón tamén no inverno.

Deputación de Pontevedra Turismo Rías Baixas

Pza. Santa María, s/n · 36071 - Pontevedra
tel.: 886 211 700 fax: 886 211 701
© Turismo Rías Baixas - 2009  |  Aviso legal
Opinións de viaxeiros sobre Pontevedra

Calidade Turística