Semana Santa nas Rías Baixas
Inicio     
Reducir texto Aumentar texto
Atrás

Artigos

Peculiaridades gastronómicas das Rías Baixas

22.03.2011

Se por algo destaca a nosa provincia é pola súa rica e variada gastronomía. Hai que recordar que moitos dos nosos produtos naturais son únicos, como a lamprea ou o millo corvo, ó igual que unha gran variedade de elaboracións que conservamos desde antano.

Ademais do popular marisco e do albariño a provincia de Pontevedra distínguese por outros produtos culinarios moitos menos coñecidos:
  • O millo corvo é un tipo de millo que se cultivaba hai anos, a característica principal é a cor negra dos seus grans. Este produto caeu en desuso por diferentes motivos ata que hai unha década unha asociación de Bueu, concretamente de Meiro, decidiu recuperalo; actualmente úsase para elaborar pan ou empanada.
  • A lamprea é outra das nosas peculiaridades gastronómicas; posúe unha carne moi estimada pero non é moi consumida nin coñecida. É un tipo de peixe azul que adoita vivir no mar e reproducirse nos ríos; aquí consúmese a lamprea de río. A forma máis común de preparala é guisada no seu propio sangue aínda que se encontra tamén en empanada ou espetos.
Con respecto a estes dous produtos en breves celebraranse as súas festas de exaltación:
No interior da provincia existen pratos cunha longa historia:
  • Os "petotes" son uns pequenos bolos de fariña de millo e algo de centeo que se amasan con auga do cocido e cocíñanse dentro del; despois sérvense como acompañamento, especialmente da cacheira, que ten prato propio, xunto con patacas e chourizo.
  • A "bincha" ou bandullo é unha interpretación autóctona do famoso pudin mediante a cal se aproveitan o estómago ou a vexiga do porco, previamente secados. Cócese suspendida no interior dunha pota e sérvese en toros como sobremesa morna ou fría.
Deputación de Pontevedra Turismo Rías Baixas

Pza. Santa María, s/n · 36071 - Pontevedra
tel.: 886 211 700 fax: 886 211 701
© Turismo Rías Baixas - 2009  |  Aviso legal
Opinións de viaxeiros sobre Pontevedra

Calidade Turística