Semana Santa en las Rías Baixas
Inicio     
Reducir texto Aumenter texto
Atrás

Eventos

O Día de Colón

16.06.2012 - 17.06.2012

En Combarro - Poio

Artesanos, teatro, exposiciones, concierto...

 

TEORÍA DO COLÓN GALEGO

Fundamento histórico

      Unha gran diversidade de historiadores e investigadores sosteñen dende finais do século XIX o berce galego do descubridor, quen tería nacido no lugar de Porto Santo (Poio). A teoría, iniciada polo historiador Celso García de la Riega, e evolucionada ó longo de máis dun século por máis de 60 autores. Está soportada nunha gran variedade de textos e documentos, así como estudios sobre a língua e a toponímia utilizada por Colón para bautizar cerca de 100 lugares descubertos por el en América e tomada dos diarios de a bordo trascritos por Bartolomé de las Casas, que coinciden con outros tantos lugares das Rias Baixas; gran parte de eles no actual concello de Poio.

Soporte intelectual

      O Colón de Poio ten sido apoiado polos grandes intelectuais de Galicia, como Castelao, Valle-Inclán, Emilia Pardo Bazán, Eduardo Pondal ou Wenceslao Fernández Florez, por citar somentes alguns dos mais destacados.

A Teoría do Colón Galego

Como sabemos que Colón non é xenovés?

-De onde sacamos que Colón é galego?

      -Por que cremos ter máis razón que quenes sosteñen que Colón é catalán, francés, mallorquino, portugués ou de calquera outro lugar?

-Quen foi Pedro Madruga e por que afirmamos que Colón é Pedro Madruga?

      Colón non falaba nin escribía en italiano nin en ningunha das linguas ou dialectos que se falaban por aqueles tempos en Italia. Cando escribía unha carta dirixida a un italiano facíao nun castelán ateigado de xiros galegos. Incluso nas súas cartas aos seus irmáns, supostamente italianos coma el, utilizaba invariablemente ese castelán sospeitosamente galego. O seu apelido non existía en ningún outro lugar do mundo, soamente en Galicia, e expresamente nun lugar de Poio (Pontevedra), chamado  Porto Santo. Alí vivían no S. XV varios membros dunha pequena familia que mantiña unha residencia estable ao longo de varias xeracións. Non era en absoluto despeiteado entón pensar que a esa familia pertencese Cristóbal Colón. Era unha familia de navegantes, o que explicaría esas palabras e expresións galegas coas que o descubridor trufaba o seu castelán.

      A todo iso sumábase un anterior traballo, realizado polo propio García de la Riega, en que demostraba que a nao  “Santa  María” chamábase  orixinalmente  “A Galega”  e fora construída nos estaleiros de Pontevedra.

      Algúns dos nomes utilizados por Colón para bautizar lugares descubertos por el en América coincidían con lugares relacionados con Colón de Galicia e coas costas das Rías Baixas galegas. A lista de nomes impostos por Colón aumentaba en progresión xeométrica, e aínda hoxe segue dando os seus froitos. Porto Santo  (Poio), en honor ao seu lugar de n acemento,  San  Xoán  (Poio), San  Salvador (Poio), Lanzada...,  ata acadar unha lista de cen nomes, todos eles situados nun raio de 40 ou 50 quilómetros arredor de Pontevedra. Tamén estaban reflectidos os nomes de todas as confrarías de navegantes de Pontevedra, das súas igrexas. Algúns deses cen nomes pertencen ademais a lugares das costas galegas que nin  sequera  eran  coñecidos popularmente, pois  son  propios  de  accidentes soamente coñecidos polos mariñeiros e que foron chegando grazas ao estudo de antigos derroteros marítimos.

      -Como alguén que non coñecía as costas galegas podía utilizar cen dos seus nomes para bautizar outros tantos lugares en América?

      Soubose tamén por textos e documentos da época que dúas naves máis, utilizadas por Colón no seu segundo e na súa cuarta viaxe, chamábanse tamén “A Galega”, nome imposto igualmente a unha illa.

      -Como era posible que antes de descubrir América Colón tivese acceso case ilimitado aos palacios dos reis máis poderosos da terra?

      Soamente cabía unha resposta: Colón era pola súa parte un nobre, pois doutra maneira ese acceso ao poder estaríalle vetado. Ninguén que non fora nobre no século XV se sentaba a comer á mesa dun conde. Os nobres soamente se codeaban con nobres.

      Dous investigadores, chegan a unha arriscada e innovadora conclusión: Colón  era en realidade Pedro Álvarez de Sotomayor, conde de Camiña  (Portugal), coñecido como Pedro Madruga. O conde de Camiña era fillo bastardo do Señor de Sotomayor, Fernán Yáñez de Sotomayor. Foi o máis famoso e poderoso membro da nobreza galega do seu tempo. Pedro Madruga fora criado pola súa nai, Constanza Colón, ata que, no seu testamento, Fernán Yáñez, o pai, dispón integraro como membro da familia, co que adopta o apelido Sotomayor e despréndese do Colón, que retomaría anos despois. Resultou que Pedro Madruga encaixaba perfectamente no novo perfil do descubridor e, ademais, toda súa a vida coincidía cronolóxicamente cos poucos datos coñecidos sobre a etapa escura de Colón.

      Pedro Madruga dáse por desaparecido no mesmo lugar e na mesma data en que Colón ten a súa primeira entrevista cos Reis Católicos e a enigmática sinatura do Almirante de Indias, composta por unha serie de siglas, coincide exactamente coas letras que conforman a árbore xenealóxica de Pedro Madruga.

      Os motivos polos que tanto Colón como os Reis decidiran ocultar a súa anterior identidade estaban claros. Os reis non podían nomear Almirante e vicerrei ao seu maior inimigo, pero doutra banda, só el, Pedro  Madruga,  estaba  en  condicións  de  ofrecerlles  o  descubrimento,  pois  contaba  con  planos  e información procedente de Portugal, o verdadeiro país dos descubrimentos naquelas datas.
     

      O día de Colón celebraráse en Combarro, parroquia de concello de Poio. Consideramos que Combarro  é  un  entorno  único  no  mundo  e  que  polas  súas  características se  presta  perfectamente a realización do evento.

      Ademais, e tendo en conta que o sector servicios, e concretamente o turismo é un dos motores económicos do concello de Poio; a celebración do evento suporá que o número de beneficiarios tanto directos (todas as persoas que veñan a gozar da festa), como indirectos (todo o sector servicios da parroquia de Combarro en particular, coma do concello de Poio en xeral) veranse reflectidos pola realización do evento.
     
Obxectivos

•    Promover a participación de todos os veciños do Concello de Poio, involucrados e traballando conxuntamente nun proxecto común.

•    Afianzar as relacións entre as distintas asociacións do Concello, que abarcan unha gran diversidade de ámbitos da cultura.

•    Reivindicar e divulgar a teoría do Colón de Poio, co pensamento de que pode, a curto prazo, crear unha dinámica de desenvolvemento económico como fonte de ingresos adicional, a imaxe do que sucede en outros lugares do mundo vencellados a Colón.

•    Fomento do Concello de Poio como lugar turístico, engadindo o Día de Colón ós demáis atractivos turísticos cos que xa contamos.

•    Divulgación da historia de Poio.

•    Promoción externa do Concello de Poio.

•    Apoio á Casa-Museo de Colón.

•    Ofrecer a veciños e visitantes unha xornada de ledicia e participación en actividades non habituáis.

•    Amosar a riqueza cultural e artística da época medieval coa mostra de concertos musicais, artesanía e degustacións gastronómica.

Diputación de Pontevedra Turismo Rías Baixas

Pza. Santa María, s/n · 36071 - Pontevedra
tel.: 886 211 700 fax: 886 211 701
© Turismo Rías Baixas - 2009  |  Aviso legal
Opiniones de viajeros sobre Pontevedra

Calidad Turística