Fiestas en Rías Baixas

Xornada informativa do Plan de Calidade do Sicted

Logo SICTED
Comprácenos trasladarlle a invitación á presentación do proxecto “Sistema Integral de Calidade Turística en Destinos” (SICTED) de Provincia de Pontevedra – Rías Baixas, que terá lugar de forma telemática a través da ferramenta Zoom, o mércores 3 de febreiro as 11.00 hrs.
 
O obxectivo deste proxecto é mellorar a competitividade das pemes e a posición das Rías Baixas como destino turístico a través do SICTED. 
 
Os beneficios que ofrece para a súa empresa son, entre outros:
 
Mellorar a xestión interna, estruturando os procesos. 
Xerar un sistema documental.
Orientar aos responsables sobre as posibles melloras a acometer.
Incrementar a cualificación do equipo, mediante un plan formativo.
Recibir asistencia técnica ofrecendo apoio para a mellora continua.
Exhibición dun distintivo que acredite o nivel de calidade obtido tras un proceso de avaliación anual.
 
Os proxectos SICTED están financiados pola Deputación de Pontevedra e Turismo Rías Baixas
 
A obtención do certificado SICTED, sen ningún custo para o seu negocio, favorece a implantación e desenvolvemento dun sistema de mellora desa competitividade nas entidades do sector turístico, e recoñece o esforzo e o compromiso coa calidade e a mellora continua.
 
Por todo iso animámoslle a que coñeza e participe nesta iniciativa e confiamos en que poida ser proveitoso para o seu negocio.
Inscríbete no seguinte enlace: Inscripción
 
NOTAS IMPORTANTES:
1.- A reunión celebrarase de modo telemático empregando a plataforma zoom. O enlace á reunión enviarase unha vez confirmada a participación. 
2.- Para   asegurarnos dunha correcta organización e conexión de tódolos participantes, deberase ingresar na reunión con media hora de antelación.
3.- Imprescincible identificarse únicamente co nome da empresa seguido da persoa participante, isto é: “empresa-nome participante”.
4.- Cada participante, por defecto, terá o micrófono silenciado ao entrar á sala, se desexa facer alguna pregunta, deberá enviar unha mensaxe privada ó moderador da Deputación de Pontevedra, o cal terá o nome de “Deputación Pontevedra – chat”
5.- Cando dispoña da quenda de palabra, agardar a que se lle active o micrófono para comezar a falar, nunca antes.
6.- Calquera outra dúbida ao respecto contacten por favor co centro de atención ao usuario da Deputación (886210210).

 

Formulario de inscripción